Mª Carmen naceu na aldea de Gandarío, en Bergondo, no ano 1941, filla de María Lata Bujía, labrega, e de Benigno Rei Balbís, que era mariñeiro. O seu tío, Francisco Rei Balbís, de mozo simpatizaba coas ideas anarquistas e republicanas, e en xullo de 1936, tras o rápido triunfo do golpe de Estado do Xeneral Franco na Coruña, os cargos da República foron destituidos ou fusilados, e o seu tío eo seu pai recibiron sendas citacións para o servizo militar por parte das novas autoridades franquistas. O seu tío tivo que incorporarse ao frente de guerra en Teruel, e alí, desertou para unirse ás tropas do exército leal á República.
Tras a derrota definitiva do exército republicano, o seu tío Francisco entregouse en Ferrol en 1940 e foi condeado a cadea perpetua na prisión da Coruña. Cando Mª Carmen naceu, en 1941, lembra que a súa nai e a súa tía íano visitar e a levarlle algo de comida. No ano 1945, o seu tío obtivo un permiso para sair en liberdade condicional que aproveitou para escapar ao monte e unirse aos “maquis”, os fuxidos que estaban agachados nos montes de Galicia e que organizaron o movemento guerrilleiro que trataba de resistir ao franquismo.
Como o seu tío faltaba, polo simple feito de ser irmán de Francisco, as autoridades perseguiron a Benigno e a súa familia sufriu o axexo constante da Garda Civil, rexistros, interrogatorios e detencións. Esta situación obrigou ao seu pai Benigno Rei a marchar da casa en 1949, e conseguiu atravesar os Pirineos andando para chegar a Francia en 1951.
Mª Carmen lembra que tiña 9 anos cando marchou o seu pai, a única lembranza que ten dese momento, é que a súa nai choraba mentres camiñaba pola horta coa súa irmá máis nova no colo, o resto dos irmáns imaxinaban todo o que pasaba pero sen saber, porque ninguén lles dicía nada xa que tiñan medo de falar.
A súa nai tivo que volver á casa dos avós e os irmáns repartíronse entre as casas dos avós paternos e os maternos, xa que non podía pagar a renda da vivenda na que vivían de alugueiro e darlles de comer. A súa nai quedou soa con 4 fillos, Mª Carmen era a maior, e non sabe como puido facer para enfrontar esta situación tan difícil soa.
A situación económica era moi difícil, e subsitía coa axuda que recibían duns tios en Arxentina, que lles mandaban paquetes de roupa para poder vestirense. Co paso dos anos, Mª Carmen e os seus irmáns decatabanse de que a súa nai recibía cartas pero nada lles podian dicir porque seguian buscando ao seu pai. Maricarmen e os seus irmáns traballaban de nenos coma persoas mariores para atender a horta da que obtiñan boa parte do seu sustento, tiñan que arar, prantar, recoller a colleita e atender os animais.
A sua nai ía traballar á casa dos seus avos todos os días e collía patacas, leite e todo o que podían darlle. Así pasaron os anos, e foron medrando traballando moito, ían á escola de Gandarío cando podían. Mª Carmen lembra que o pasaron moi mal, malia que eran novos e tiñan pouca conciencia do que lles pasaba.
Nesa época, os Gardas Civís ían case todas as semanas á casa dos avós e facianos erguerse de madrugada e miraban debaixo das camas. Un día o seu avó díxolles que non lles volvía abrir mais a porta de noite, que esperaran á mañá, e levarono preso varios días. Mais a partires dese momento, viñan pola noite e quedaban nos alprendes da casa. Con esa rutina pasaron moitos anos. Mª Carmen lembra que vivían con moito medo as visitas da Garda Civil, e que unha noite tiraronlle un tiro ao can e furaronlle unha orella porque ladraba seguido.
En 1958, cando Mª Carmen tiña 17 anos, a súa nai díxolle que os seus tíos de Arxentina a reclamaban para levala a Bos Aires, e tamén lle dixo, que nunca antes llo puidera dicir porque non podía, mais que o seu pai estaba en Francia, e que se quería tamén podía escoller ir París. Entón Mª Carmen díxolle que ela quería ir a Francia. En agosto de 1948, un amigo francés do seu pai, Gressier Abelin, director dos restaurante da UNESCO, veuna buscar en coche coa súa familia. Lembra que marchou con moita mágoa e asustada, xa que nunca antes saíra de Gandarío, apenas fora á Coruña de forma moi ocasional. Ao chegar a París, sentiuse abrumada por unha cidade tan grande e cosmopolita, naquela altura.
Por outra banda, Mª Carmen sentiu moito medo porque se ía encontrar co seu pai, a quen non coñecía, un “fuxido” sobre o que non soubera nada durante moitos anos. Co paso do tempo, Mª Carmen entendeu que o seu pai non os abandonara, e que se ocupaba da súa nai e dos seus irmáns, o que lle dou moita tranquilidade
Aínda que ao principio lle resultou todo moi difícil, adaptouse moi rápidamente, e a vida en Paris resultoulle moi agradable. Comenta que tivo moitas facilitades, grazas a axuda que recibiron dos franceses e da comunidade de exiliados republicanos e emigrantes españois que había en París. Mª Carmen recibiu clases de francés na Alianza Francesa, e ao pouco de chegar comezou a traballar no restaurante da UNESCO onde Gressie era o seu xefe, servindo café para o personal. Os domingos ían xantar á casa do seu tío, tamén exiliado, que vivía nas aforas de París. Estaba casado cunha muller de Mugardos, chamada Marita, dos que Mª Carmen reibiu moito agarimo.
Aínda que non tiñan actividades políticas, participaba das actividades da xuventude española que organizaban os exiliados republicanos en París, entre os que atopu unha maneira de relacionarse no ambiente da emigracion. Organizaban saídas culturais, festas e bailes. No tempo libre, elaboraban bandeiras republicanas cun afinete coas que recollían fondos polas rúas de París para enviarlles ás familias necesitadas dos exiliados republicanos en España. Para Mª Carmen esta actividade carecía dunha significación política, e viviao como algo que facían solidariamente para axudarlles ás familias necesitadas de persoas que sufriran situacións coma a súa propia.
Mais adiante, tamén entrou en contacto co Centro Galego de París, onde facían moita vida social entre a comunidade galega de emigrantes, e onde participou en numerosas actividades culturais e no grupo de baile e música tradicional.
Despois do primeiro ano en París volveu de vacacions a Gandarío e levou á súa irmá consigo, o cal foi un alivio tamén para ela. Durante todo este tempo a súa nai quedou en Gandarío para coidar dos seus avós, que estaban moi maiores, e que tanto lles axudaran. Mais cando morreron, en 1963, a súa nai e os seus irmáns foron tamén para París e por fin se puido reunificar novamente toda a familia.
Mª Carmen deixara ao seu mozo Paco en Gandarío, e en 1963 veuno buscar para casar, e marcharon xuntos para Francia, onde viviron tranquilamente ata que voltaron a España en 1968, co seu fillo Roberto, e David que nacería en 1970. Os seus pais, seguiron en París, ata que puideron volver, en 1976, despois da morte de Franco, volvendo a vivir na casa da Fragachán. O seu pai, de conviccións progresistas e galeguistas, foi candidato de Esquerda Galega nas eleccións municipais en Bergondo en 1983. Unha das súa irmás segiu vivindo en París, outra mudouse a Barcelona e outra a Valencia.