Naceu en Caracas no 1965. Vivíu alí durante máis de 30 anos.
Nado nunha familia acomodada formada na capital venezolana, seu pai Serafín Portugal, galego de Porto do Souto, Piñor, en Ourense, a súa nai Graciela Hernández de orixe caraqueño e a súa irmá que reside na actualidade en Caracas. Félix e a súa familia volvían a Galicia cada dous anos na época das vacacións. Alí fixo os seu estudos no Colexio Frei Luis de León en no Colexio La Salle onde a maioría do alumnado era español. Despois cursaría estudos superiores de Matemáticas.
Polo traballo e, o polo cargo relevante do seu pai, Profesor e Traballador Social, co cargo de Xerente de vivenda en Caracas , responsable de conseguir vivenda digna e “solucións habitacionais” para as persoas con menos recursos e, encargado da acción cultural e social na Hermandad Gallega de Venezuela, sempre estivo moi vinculado a Galicia emigrante.
Lembra como naqueles anos de xuventude, pasaba na Hermandad todos o fins de semana de venres a domingo, alí estaban os seus amigos e gozaban das clases de todos os ámbitos, dende o inglés ata o karate, programábanse actividades culturais (concursos literarios, grupos de gaitas,radio, teatro, conferencias…), actividades benéficas que ían dende acción médicas, axuda as persoas socias que retornaban e tamén recreativas como bailes e festas conmemorativas.
Félix compaxinaba os seus estudos coa axuda nos establecementos comerciais da familia. Sempre se sentíu galego porque na súa casa sempre se falaba da nosa terra e describe os venezolanos como solidarios, xernerosos , de doado trato por ter unha cultura afín á española.
Comenta como seu pai, dicía “Desde que salí de mi pueblo, al igual que la mayoría de los emigrantes, siempre soñé con regresar a el…” e así o fixeron periódicamente ata que, no 1995, empurrados polos cambios políticos, económicos e sociais que vive Venezuela deciden retornar establécendose definitivamente en Compostela.
Agora, xa en Galicia, dedica parte do seu tempo á súa paixón que é o xadrez e a traballar en distintas organizacións sociais.