A familia de Olga procede do concello de Fornelo de Montes e ela naceu en Lisboa. Criouse nun barrio típico de Lisboa e estudou na escola española que existe alí dende os anos 30, no Instituto Español Giner de los Rios.
Lisboa é unha gran cidade na que puido gozar dende moi pequena dos seus museos, grandes xardíns, portos, aeroporto, zoolóxico, planetario... lugares que visitou cos seus pais nos poucos momentos libres que lles deixaba o traballo.
Viviu de primeira man a Revolución dos Caraveis de abril de 1974 e regresou a Galicia en 1979. A pesares de nacer en Lisboa, nunca se sentiu completamente lisboeta e cando chegou a Galicia tampouco se identificou co lugar, pero leva dentro de sí que pertence a ambos lugares e agradece ter esa lingua e esa cultura que nos une a ambos lados da raia.
Necesita voltar cada pouco tempo ao lugar onde naceu e viviu casi 20 anos pero tamén goza moito da paz e da libertade de vivir na aldea de San Adrián de Calvos e nunha cidade pequena como Pontevedra.
Foi filla de emigrantes, o seu pai marchou a Lisboa en 1933 cando tiña 14 anos. Marchou en tren e cando chegou quedou nun vello piso compartido, poñíallo o empresario para o que ía traballar. Por estar no extranxeiro durante a Guerra Civil o declaran desertor e como consecuencia acaba no Campo de Concentración cando fixo o servizo militar. Alí estivo 15 meses, nos que pillou enfermidades, disenterías e perdeu 40 kg. Volveu á súa aldea e á emigración, casou en 1945 e no ano 1953 trasládanse tamén a súa nai e irmá que nacera no 47. Nesa etapa montaron unha taberna e naceu outro irmá en 1955, e Olga naceu en 1960. Aos 19 anos regresan á aldea para coidar un familiar. En España costeulle encaixar a nivel formación-profesión, finalmente adicouse ao sector turístico e esperódicamente traballou como docente de portugués.