Carmen emigrou a Suíza con vinte e cinco anos deixando aquí un neno de tres anos e unha nena de once meses, porque o seu home levaba alí dous anos.
Marchou sen contrato de traballo, mais sabendo onde se podía empregar. Á súa chegada traballou como limpadora nas casas do persoal dun hospital, e ao ano cambiouse para o propio hospital, o que supuxo unha mellora económica. A súa estancia en Suíza permitiulle coñecer moita xente de diferentes culturas e relixións, e aprender italiano grazas a unha nena italiana que vivía na súa casa.
Aos tres anos regresou a Galicia porque os seus fillos comezaban o colexio, e co diñeiro gañado en Suíza puido montar unha tenda en Viveiro.