A emigración é o acto de deixar o teu lugar de residencia por un longo período de tempo para establecerse noutro lugar. O máis normal é emigrar por motivos económicos, pero non sempre é así, este é o caso da miña tía Dolores.
• Cal foi o motivo da túa emigración?
- Ben, cando eu aínda residía en Coruña coñecín o home que sería o meu marido, Gunter, que traballaba nun barco. El veu a verme varias veces e decidín marchar con el a Bélxica.
• Cal foi a primeira persoa que coñeciches que non fora da familia?
- Foi unha funcionaria do centro de emprego en Flandes, ao que fun solicitar un curso universitario de holandés.
• Como foi o proceso de adaptación?
- Durou un tempo e non foi fácil, pero outras persoas procedentes de países máis afastados deberon telo máis difícil ca min.
• Cambiaches de residencia?
- Cambiei dúas veces, esta é a miña terceira casa, pero sempre na mesma cidade (Sint Niklaas).
• Atopaches dificultades ao relacionarte ou obter emprego?
- Non ao relacionarme, a xente fala idiomas e tentou coñecerme. Respecto ao emprego, si que foi difícil atopar. Eu quería un traballo de oficina, pero tiña que resolver moitos papeis noutros idiomas; pero nunha fábrica dinche o que tes que facer e o fas. Tamén buscaba un traballo onde poder usar os meus coñecementos e carreira (económicas).
• Atopaches moitas diferenzas entre Coruña e a túa cidade?
- Non son abismais por ser europea en Europa, pero por suposto que hai diferenzas culturais, familiares e de mentalidade. Africanos ou asiáticos atopan máis diferencias por ser de lugares máis afastados e con costumes moi distintos.
• Cal foi a primeira dificultade que atopaches que non fora o idioma?
- Os costumes, porque ao entrar nunha familia belga tiven que adoptalas tamén dentro da casa, non é algo que quede fóra coma se vivise soa; por exemplo, non podo ver a televisión en español.
• Cambiarías a túa decisión?
- Quizais si, podería ter vido co meu marido a España, e sería el o que atoparía dificultades.
• Cal é a túa cousa preferida de Bélxica?
- Os chocolates, porque están riquísimos; aquí á xente gústanlle moito os doces. Á parte diso, gústame vivir nunha casa unifamiliar dentro da cidade e non nun piso porque me encanta o xardín. Tamén as cidades son moi bonitas, parecen sacadas dun conto, non me canso de pasear por elas.
• Como educas á túa filla?
- Intento ensinarlle a miña cultura e costumes, pero non é fácil porque está influenciada polo colexio, amigos... Tamén ensineille español. É moi enriquecedor pertencer a una mestura de culturas, é un privilexio que ten ela.
Conclusión:
Non todas as persoas emigran por un motivo forzoso, e non todos os emigrados teñen unha historia emocionante que contar, senón que a súa aventura é a adaptación e a creación dunha familia.