Raquel é dunha aldea de Asturias, en que se vivía moi pobremente. Uns tíos dela decidiron emigrar a Venezuela e ofrecéronlle aos seus pais levala con eles. Así, con dezaseis anos embarcou no peirao da Coruña cara a Venezuela, cos seus tíos e unha curmá.

Ao principio traballou servindo en casas, e co tempo os seus tíos mercaron unha pensión en que traballou toda a familia; o negocio foilles ben, mais traballaban moi duramente. A clientela era maiormente emigrantes, e así coñeceu un galego que logo sería o seu home.

Cos anos, a base de traballar moito e aforrar, mercaron un hotel. A súa vida en Venezuela foi moi sacrificada, sen apenas tempo libre para nada máis que traballar, reducir os custos de contratación de empregados no negocio facendo eles directamente todo o que podían para poder aforrar, traballando día e noite, sen vacacións, domingos nin festivos. Todos os cartos que aforraban enviábanos para España.

Raquel conta que en Venezuela os acolleu moi ben. Alí tiveron as súas tres fillas e deixaron boísimos amigos, mais o feito de ter a familia aquí, e vendo como empezaba a haber unha crecente inseguridade nas rúas con casos de roubos e violencia, decidiron retornar cando a súa filla maior contaba dez anos, para que elas puidesen ser educadas noutra contorna.

Ao seu regreso, e como sempre traballaran por conta propia, investiron os seus aforros montando unha gasolineira, e máis tarde adquirirían varias máis.

Co seu mozo galego, que despois se convertiría no seu marido
Celebrando o fin de ano cun grupo de emigrantes que comían habitualmente na pensión que eles tiñan