Manuel naceu en 1950 en Castroverde-Lugo, a súa nai era modista e o seu pai canteiro. En 1966, sendo estudante de filosofía e teoloxía no Seminario Diocesano de Lugo, coñeceu ao Padre Theo Beusink, guía dun grupo de holandeses que ían para Santiago e pernoctaron en Lugo. Daquela falábase do “Catecismo holandés” e Theo animounos a visitar os Países Baixos.
En 1967 un grupo de seis compañeiros decidiron ir a Amsterdam, e o padre Theo acolleunos en “Migrante - Casa aberta para hispanohablantes”, un centro no que axudaban a emigrantes cando tiñan alguna situación complicada. Alí pasou o verán, e despois repetiu a experiencia en 1976. Naquela época tiven contacto coa inmigración hispana aos Países Baixos, motivada por razóns laborais e políticas.

Máis adiante, no curso académico 1982/1983, Manuel xa exercía de mestre na escola de Os Baos, no Concello de Ribeira de Piquín, en Lugo, e residía coa súa propia familia, a súa muller Asun, mestra, e os seus fillos Pablo de 4 anos e Manuel de 3 anos. Residían na casa escola de Millares do Concello de Baleira, e nese ano publicouse no BOE un concurso de méritos para solicitar destino docente en varios países de Europa, entre eles nos Países Baixos, e decidiu participar no proceso. Así foi como en 1984 se incorporou ao seu novo destino en Alkmaar (Noord Holland) cidade de noventa mil habitantes e alí estivo durante seis cursos académicos.

Esta foi unha etapa de convivencia coas familias na emigración, en medio das esixencias da vida diaria, que Manuel lembra como unha experiencia moi grata e inesquecible. Naquela cidade funcionaba ben a Asociación de nais e pais, a parroquia Española e o Centro Español e as familias da emigración hispana participaban asiduamente nas actividades que se organizaban, en especial nas referidas ás que tiñan que ver cas súas fillas e fillos. O alumnado era xa a segunda xeración de emigrantes, nacidos a maioría de pais de diferentes culturas de orixe.

Despedida na comunidade española de Alkmaar en xuño de 1990
El Ljsselmeer, Amsterdam no ano 1970
En abril no ano 1985
Á súa chegada a Amsterdam en agosto de 1984
Despedida na comunidade española de Alkmaar en xuño de 1990
Na praza Dam, en Amsterdam, no verán de 1969
Na primavera do ano 1985 en Amsterdam
No río Amstel pola noite en Amsterdam, no ano 1971
Xornada de lecer en Efteling, en xuño de 1986