Mª Fé naceu no Saviñao, na Ribeira Sacra (Lugo). Dende pequeña sentiuse atraída polo traballo nas misións e, axudada pola súa vocación relixiosa, encamiñouse a axudar aos demais a mellorar a súas vidas. Con 21 anos, decidida, con 5 dolares no peto e, en compañía dunha das irmáns da súa congregación relixiosa, embarcou en Vigo cara ao Callao (Perú) nunha viaxe que duraría 22 días.
O seu primeiro destino, foi na capital Lima no colexio dos xesuitas, alí tería ao seu cargo aos máis pequenos durante 5 anos. Despois de innumerables experiencias que ela pode contar mellor que ninguén, xurdiulle a oportunidade de ir ao Alto Marañon a traballar co pobo Awajún. Unha aventura, chea de perigos e novas emocións que asumía con entusiasmo e sen reparos.
Os indíxenas aguarunas caracterízanse polo seu compromiso coa defensa do seu territorio ancestral. Son cultivadores de yuca dulce, cazadores e pescadores que viven en comunidades relativamente dispersas. A súa historia remóntase á cultura Moche (200 e 700 d.C.) na costa do Perú. Distintas etapas históricas percorren o mundo dos aguarunas (etapa colonial española, Guerra independencia, loitas cos Wampis, explotación dos recursos naturais, aparición de petróleo no 1970 e construcción do oleóducto trasndino, e da estrada Olmos –Río Marañón que facilitaría o acceso a territorio Awajún …) todo cheo de momentos de tensión e disputas, levarían na década dos 90 a cambios nas políticas económicas peruanas que buscaban atraer capital estranxeiro para explotar os recursos naturais salvando teóricamente os espazos protexidos, o que levou as organización indíxenas a mobilizarse, así no 2008 realizóuse o 1º Paro Nacional Amazónico e no 2009 o 2º. Momentos de alta tensión e de conflicto social, levaron a cambios lexislativos onde se recoñeceu a participación nas organización nacionais indíxenas, e a promulagación da Ley de consulta Previa no 2011.
Retomamdo a conversa con Fé, relata como xa deixou un zapato, naquelas terras camiño daquel destino, onde se falaba dos Jibaros reductores de cabezas, nun idioma que non coñecía, onde a poligamia era o normalizado, o lugar onde se comía suri, yuca, ou carne de mono, onde os partos das mulleres viñan marcados polas lúas e o tempo de “prantación e recollida dos manises”, onde as enfermedades e as alimañas podían arrasar con parte do poblado, con isto e moitas cousas coas que a protagonista ilumina a súa mirada ao falar daquelas persoas que daban o que tiñan, naquel lugar no que ela se sentíu moi querida.
Lembra cando se erguía a diario ás 5 da mañá e recollía as rapazas parair ao río a lavarse, logo aqueles almorzos de leite en pó e plátano verde, comezar as clases naquela humilde escola con toda a ilusión (“canto me ensinaron aquelas xentes”). Costumes completamente novas para ela, as rapazas vestidas e os rapaces espidos. O salto á pubertade dos mozos e os ritos coa ayahuasca. Os ritos matrimoniais, os partos, a curación das enfermedades, conta como o “sanador” mediante cantos e bailes aplicaba as súas técnicas.
Neste campo, no sanitario, foi onde ela traballou moito explicando como tiñan que facer para curar feridas e tratamentos medicalizados e vacinas para enfermedades que levaban por diante a unha gran parte da poboación. Como aprendeu a pescar, como aquelas mulleres vivían dedicadas á familia e á agricultura mentras os homes á caza e á pesca. Os rituais máxicos para cultivar a yuca e as cancións e ritos nos distintos procesos de limpeza, preparación, prantación e colleita.
Moitas foron as vivencias e anécdotas que Fé nos pode contar nesta etapa da súa estancia no Perú que durou 17 anos.
Outra etapa moi importante da vida da nosa protagonista foi a que vivíu en Cuba durante 30 anos. O rexime de Fidel Castro expulsou ás relixiosas da illa, pero Fé foi nomeada secretaria do Nuncio papal, cargo que desempeñou con outros 3 nuncios posteriores, desempeñando o seu traballo na Embaixada da Santa Sé e compartindo o seu tempo no coidado de anciáns na Residencia a onde ía durmir.
No seu labor en Cuba viviu un cambio radical no seu traballo, pasando agora a facer un traballo cheo de protocolo e traballo administrativo, nun país controlado férreamente pola dictadura de Fidel e que nada tiña que ver co xeito de vida que deixara atrás no Perú. Deses 30 anos, 20 estivo na Embaixada e 10 dedicounos ao traballo pastoral.
Finalmente regresou a Galicia, a Lugo, por petición propia, para coidar ao seu irmán que estaba enfermo. Pouco despois desde Cáritas requeriron unha persoa voluntaria para acudir ao cárcere de Teixeiro e, Fé dende ese momento ata hoxe, dedica varios días á semana a esta importantísima función de visita e axuda repartindo o tempo coas funcións que desempeña na sé de Cáritas en Compostela, axundando ás persoas en risco de exclusión social.
Unha vida dedicada aos demais e sempre cun soriso!