Carmen e o su esposo emigraron a Róterdam ao pouco de casar. Influiu na súa eleción de destino que seu tío xa levaba tempo traballando alí e atopábese agusto. Ao chegaren instaláronse nunha pensión con outros españois. O marido de Carmen atopou traballo, ao pouco de chegar, nun hospital no servizo de mantemento eléctrico. Ela comezaría pouco despois na lavandería do hotel Hilton, onde había moitos galegos. Un mes despois da chegada pasarían a vivir nun apartamento pequeno e, despois, ao nacer a súa primeira filla, nunha vivenda máis grande. Comenta Carmen que “o Concello facilitaba os alugueres a prezos económicos”.

Axiña atopou un traballo mellor remunerado nuns grandes almacéns e a continuación nun taller de costura que era a súa profesión. A súas compañeiras axudábanlle co idioma: “Eran compañeiras e amigas”. Ao nacer a súa filla adícase ao seu coidado ata que cumpre os tres anos. O seu home, atopara traballo como profesor de español o que lles daba unha tranquilidade económica, que lles permite tomar a decisión de centrarse na crianza da filla. Unha vez que a rapaza ten os tres anos, Carmen incorpórase ao mundo laboral, nesta ocasión na fabrica de Nestle. Relacionábanse con moitos galegos, a maioría atoparan alí traballo no sector de limpezas e mantemento. Lembra que a sociedade non tiña nada que ver co que se vivía en Galicia. Alí había democracia, distintos partidos políticos, eleccións, a forma de vida, sobre todo das mulleres non tiña nada que ver co que ela deixara na súa aldea.

A mocidade tiña moitas posibildades para estudar, o goberno facilitáballes vivendas e bolsas de estudo. Holanda contaba con grandes infraestructuras e vías de comunicación que facilitaban os desprazamentos. A xente tiña moito apego ao traballo e sentianse responsables da mellora da empresa.

No 1972 deciden voltar, ao seu home ofrécenlle traballo como profesor, e aínda que saben que o salario vai ser máis baixo, volven pensando na educación en España para a súas fillas. Carmen volve ao seu taller de costura e ten moito traballo como gran profesional que é.
Disque sinte añoranza por Róterdam, que alí deixou grandes amizades, que foi unha etapa da súa vida preciosa que a gozou moito! Sempre se sentíu moi querida.