María Jesús naceu en Madrid en 1947, o seu pai era ebanista e a súa nai ama de casa, e tiña unha irmá menor. Algúns amigos do seu pai foron a Brasil e él tamén decidiu emprender esa aventura para descubrir outro destino e outra forma de vida. Tamén emigrou o seu tío e pronto a súa familia e a de María Jesús, polo que todos foron para o Brasil, a viaxe de 14 días fíxose desde Barcelona, no barco “Conte Grande”, que fixo escala en Dakar, Recife e desembarcou en Santos, a 76 km de San Paulo.
Cando chegou a Sao Paulo, o seu pai vivía nunha pensión e pronto atopou traballo nunha fábrica de marcos, mentres que eles vivían nunha casa da empresa na que traballaba meu pai e máis tarde na casa da súa avoa materna. Nada máis chegar escolarizarona, e alí o curso era de febreiro a xuño e de agosto a novembro. Repetiu segundo curso dúas veces porque lle custaba asimilar a lingua, mais axiiña fixo amigos, sobre todo unha nena de pais italianos coa que xogaba moito na rúa.
Pasado o tempo cambiaron a súa casa por unha de varios pisos, na que unha era para eles, outra alugárona e na parte traseira había un garaxe no que o seu pai fixo o seu lugar de traballo, e onde todos lle axudaban. Na parte superior tiñan espazos de estudo. Cando foi maior estudou empresariais e mentres cursaba esta carreira fixo prácticas e despois conseguiu un traballo. María Jesús, aínda que cambiou de traballo varias veces ao longo da súa vida, traballou sempre no sector financeiro.
Casou cun pontevedrés que traballaba nunha cafetería do seu barrio e co que tivo 2 fillos. Primeiro viviron preto dos seus sogros, despois nun piso e finalmente nunha casa. Viñeron varias veces de vacacións a Pontevedra e decidiron regresar a España en 1980 por mor da inflación, aínda que non regresaron ata 1994. Os seus fillos integráronse sen problemas e tamén o fixo o seu marido porque aquí tiña á súa familia, pero María Jesús asegura que tardou 3 anos. Durante ese tempo estudou galego e inglés e despois dese período xa se sentía como na casa.