Vouvos contar brevemente como foi a emigración a Francia do meu avó. Emigrou a Francia no ano 1962, ao pouco de casar coa miña avoa. Xuntos tomaron esa decisión, xa que en Monforte non tiñan traballo fixo. Como di o meu avó, “a buscar a vida”.

Uns compañeiros do pobo propuxeronlle que se fose con eles a Francia, que atoparían traballo seguro e que lles axudarían en todo, así que contando co seu apoio partiron á aventura. Cando sairon de Monforte tiñan 24 anos. O meu avó empezou a traballar na construción duns chalés, e a miña avoa nun hotel, nunca lles faltou traballo, aínda que pasaban todo o día traballando para poder aforrar o máximo posible.

Para o meu avó non existían as fins de semana, todos os días eran os mesmos, xa que facían obras extras para gañar máis cartos. Ao principio foi duro, xa que non coñecían o idioma nin coñecían os francos franceses, pero ao pouco tempo xa se adaptaron, defendíanse como podían e lograron saír adiante.

Había españois, italianos, portugueses e marroquís traballando co meu avó, de contado os acolleron como se fosen da familia. Todos os comezos son difíciles, e lonxe da casa aínda máis, xa que todos tiñan morriña dás familia e compañeiros.

Os meus avós tiñan dúas nenas, a maior quedou 4 anos a cargo dunha irmá da miña avoa, e a pequena, que é a miña nai, 2 anos, logo levaronas con eles e escolarizaronas en Francia. A relación coa familia dende tan lonxe era dura, só polas cartas, xa que non había as tecnoloxías de agora.

Xa conseguiran levar as fillas, o segundo paso sería arrendar unha casa, xa que cando chegaron vivían nunha habitación, e non había espazo para os catro, pero xa se sentían como unha familia normal. Botaban en falta moitas cousas, a súa terra, os seus pais, irmáns, compañeiros… moita nostalxia, aínda que escribían moitas cartas para estar en contacto constantemente e viñan de vacacións ao pobo cando podían, así pasaron longos anos.

Cando as nenas tiñan 8 e 10 anos decidiron retornar, principalmente polos estudos das nenas, xa que pensaban que se non regresaban agora, posiblemente quedarían en Francia para sempre.

Ao meu avó, a emigración beneficiouno moito economicamente, xa que cando regresou case tiñan rematada a casa en Monforte. Despois no baixo montou unha cafetería, e mercou unha finca na praia, na que hoxe ten unha casa.

Traballaron duro fóra de España, pero tiveron a súa recompensa, unha economía para poder vivir mellor, xa que España era moi pobre na aquel tempo segundo conta o meu avó). Poderían ter quedado e quizais lles fose ben, pero eles non se arrepinten de ter emigrado.