Emilio Pérez Xeoanez nace na cidade da Coruña, en Culleredo, o 13 de xullo de 1928. Crece nunha casa con moitas bocas que alimentar e moi baixos recursos, polo que recurre á emigración. Este era dos irmás maiores polo que sentía a responsabilidade de axudar na casa. Dada a pouca demanda de traballo en Galicia e as deplorables condicións da súa casa, viaxa a Venezuela xunto a centos de españois para enviarlle dende alí diñeiro á familia.

Ao chegar, exerce de albanel como fixo toda a sua vida e de condutor. Aos dous anos xa vivía nunha casa con Argentina, a súa muller, e Miguel, Luis e Mercedes, os seus fillos. A súa muller era de Lugo, polo que presentoulle ao seu círculo próximo de Venezuela, xa que ela levaba moito máis tempo vivindo alí, e estes convertéronse nos compañeiros de vida de Emilio. Neste tempo a relación coa súa familia seguía intacta; falaban por cartas, e aínda que tardaban quizais semanas en chegar, a conexión entre eles non cambiou.

Emilio tivo moita sorte no país no sentido de atopar con facilidade un traballo relativamente ben pagado e unha compañía agradable. Traballou o primeiro ano de condutor, e dese momento en adiante exerceu de albanel como xa fixera anteriormente. E por outra parte a súa vida completábase grazas ás amizades que encontrou alí formando un grupo variado tanto de emigrantes galegos como de persoas daquel país.

Cando xa levaba cerca de seis anos no país decide volver a Culane para vivir durante un tempo cerca da sua familia deixando uns anos o seu segundo fogar. Ao chegar dase de conta que España está igual ou peor que antes da súa partida, pero tenlle tanto cariño que non lle supón un problema para vivir alí. E tres anos despois decide volver a viaxar de novo a Venezuela, e así sucede.

A medida que os seus fillos crecían, cada quen toma as súas decisións. Actualmente dous deles, viven en Ourense e o outro en Venezuela. Sin embargo, Emilio enamorouse tanto de Venezuela como a súa muller, e finalmente decidiron pasar o resto da súa vida alí. Emilio morre o 5 de novembro de 2012 aos 84 anos a causa dun cancro naquel país. Tivo uns últimos anos de vida limitados a causa da enfermidade coa que levaba loitando un tempo, pero el repetía constantemente que a pesar do cancro, a súa vida fora marabillosa.

Agora esta historia perdura nas xeracións da miña familia grazas a humilde e encantadora personalidade de Emilio que deuse a coñecer tanto polos arredores da cidade de Maracaibo como na Coruña.