Manuela naceu en Arzúa no seo dunha familia humilde de labregos. O seu irmán maior emigrara a Londres e isto foi o que a animou a seguir os seus pasos. En 1974 decidiu emigrar a Londres, con 18 anos. Como era menor de idade, necesitou a autorización do seu pai a quen convenceu a forza de insistir. O seu irmán, ao estar traballando alí, conseguiulle un contrato de traballo. O que a sorprendeu ao chegar foi que lle fixeran un recoñecemento médico para acceder ao país.

Ao día seguinte de chegar, xa se incorporou ao traballo como limpadora nun hospital psiquiátrico. Nese mesmo complexo adxudicáronlle unha una casiña que compartiu con dúas rapazas, unha galega e outra colombiana. Ademais das boas condicións da vivenda, nos seus arredores dispoñían de amplas zonas de xardíns e lugares de ocio (cinemas, salón de baile, biblioteca...) onde se relacionaba con compañeiros de traballo e onde coñeceu o que se convertería no seu home. Como non tiña coñecementos do idioma, asistiu a unha academia de inglés ao saír do traballo.
Pasados dous anos, casou nunha igrexa católica da cidade e apuntouse a unha autoescola para -animada polo seu home- sacar o carné de conducir, que en Inglaterra non ten caducidade. Só viñan a España unha vez ao ano, cando tiñan vacacións. En 1982 deciden regresar a España motivados polo delicado estado de saúde do seu pai e polo desexo de ter un fillo, xa que consideraban que era o mellor sitio para crialo.

Tarxeta de identidade inglesa
No seu aniversario en Londres
Diante do complexo hospitalario onde traballou