Manuel arranxoulle os papeles e levouna con él, primeiro foi como turista, pero alí remataron a súa vida ata que se xubilaron. Ela traballou nunha fábrica de bonecos dándolle cor ás caras.

En Newark, Manuel foi feliz, pero non dubidou en voltar ao seu pobo cando se xubilou. No traballo sempre se portaron ben con él, coñeceu xente de todas as nacionalidades e a vida alí era moi distinta á que deixaba en Pontedeume. Manuel garda un gran recordo e non dubidaría en volver a marchar se fose novo, alí siguen vivindo os seus fillos e netos, aos que foi ver nalgunha ocasión.

A emigración de Manuel Queiruga Martínez comezou cando contaba con 21 anos. Marchou a Erandio (País Vasco) na procura de aventura e para mellorar a súa vida. Alí vivía nunha pousada e empezou a traballar pintando barcos, traballo que deixou para ir pola ría nunha gabarra repartindo gasóleo polas poboacións. Pero a intención que tiña Manuel era marchar co seu tío, que emigrara a Newark (Nova Jersey). Tíñao que reclamar, pero os papeis non daban chegado e acordaron entón que fose, se tiña modo de ir, que el o estaría esperando.
Manuel buscou a maneira de ir nun barco traballando de fogueiro; a viaxe durou aproximadamente 12 días. Ao chegar ao peirão, estaba o curmán para recollelo, porque seu tío falecera.
Buscáronlle unha habitación para vivir, xa que a casa da familia era moi pequena e non collían todos. O primeiro mes foi terrible: non entendía o idioma e todo se lle facía descoñecido; a sorte que tivo foi que alí xa había grandes supermercados, entón el collía o que necesitaba para comer e así estivo case sobrevivindo a base de bocadillos. Pero pouco a pouco, e facéndose entender por sinais, foi acostumándose e aprendendo o necesario para vivir.
O seu primeiro traballo foi nun restaurante lavando pratos, despois pasou á construción onde estivo 7 anos porque gañaba máis. E finalmente rematou marchando para o peirão para dedicarse a sacar as maletas de correos e acabou en carga e descarga de barcos, onde se xubilou.
Aos 10 anos comprou unha casa e non volveu a España ata que pasaron 12 anos, porque o diñeiro non daba para todo.
Tivo que casar xa que no traballo lle esixían ter nacionalidade norteamericana, e amañou un casamento cunha portorriqueña coa que tivo dous fillos, pero ela acabou marchando e quedou el só cos fillos. Nunhas vacacións a España namorouse da súa segunda e, para el, verdadeira muller, Manuel arranxoulle os papeles e levouna con él, primeiro foi como turista, pero alí remataron a súa vida ata que se xubilaron. Ela traballou nunha fábrica de bonecos dándolle color ás caras.

En Newark, Manuel foi feliz, pero non dubidou en voltar ao seu pobo cando se xubilou. No traballo sempre se portaron ben con él, coñeceu xente de todas as nacionalidades e a vida alí era moi distinta á que deixaba en Pontedeume. Manuel garda un gran recordo e non dubidaría en volver a marchar se fose novo, alí siguen vivindo os seus fillos e netos, aos que foi ver nalgunha ocasión.