Co seu diploma de asistente social (hoxe traballadora social) Victoria non atopaba traballo en España, soamente para traballar en casas particulares sen contrato, así que decidiu, sin pensalo moito, emigrar. Tiña 26 anos e o único país aberto era Suiza, no que non coñecía a ninguén, pero solicitou o Cantón de lingua francesa xa que estudiara francés no bacharelato. Cun contrato de 6 meses como temporeira chegou a un pequeno pobo de montaña no Cantón de Valais onde se falaba preferentemente suizo, alemán e italiano.
Grazas a unhas persoas que non coñecía persoalmente, pero que a acolleron cunha grandísima xenerosidade, chegou a Xenebra. Por cuestións legais traballou durante 10 anos nunha casa privada de limpiadora e recibindo, cando era necesario, aos pacientes da señora da casa, de profesión psicoanalista. Traballaba con ela tres días á semana e os outros dous días por horas, ata en tres casas diferentes.
A partires das 18.00h estudaba no Instituto Universitario de Desenvolvemento, o mesmo onde entre outras persoas relevantes estudaron Barroso e Guterres, actual secretario de Nacións Unidas, ata que puido acceder ao posto de Traballadora Social e ser funcionaria.
Traballou durante 24 anos e 4 meses no mesmo posto e lugar, unha institución de importancia. Suiza territorialmente organízase en 20 cantóns e 6 semicantóns. Cada cantón ten a súa institución de axuda social e a de Xenebra é Calvinista Protestante. Conforme á Constitución Federal Suiza "ningunha persoa pode pasar fame, posto que debe ter cubertas as necesidades básicas (comer/durmir/vestir)”. E para acceder á axuda social é indispensable ter permiso de residencia ou ser ciudadá suízo. O nivel de vida de Xenebra e Zurich é o máis elevado do país, o que supón que estas axudas sociais son moi importantes para moita xente.
Aos poucos anos de ser funcionaria, nunha reunión Anti-OTAN, coñeceu ao ao que logo sería o seu marido. Foron mozos 4 anos. Él era orixinario de Cáceres e cando contaba con só 16 anos a súa familia emigrou ao País Vasco, a Rentería, onde empezou a traballar. Casaron en 1990 polo civil e ela pediu aplicar o dereito español para poder conservar os seus apelidos. Para ela supuxo un cambio importante xa que ata entón residía nunha habitación nun edificio de estudantes con baño compartido.
Pouco antes da súa xubilación, con 64 anos, faleceu o seu marido. Tiña moi bos compañeiros de traballo e preparou a súa xubilación e as xestións do seu retorno a España durante un ano. Non tiveron fillos, pero si tres sobriños que a axudaron moito no retorno a España. Cando chegou a Galicia comezou a facer moitas actividades, porque manterse ocupada e activa axudalle a sentirse ben e a non pensar nas moitas diferencias entre Xenebra e Vigo, porque ela sempre levará a Xenebra no seu corazón, a cidade que lle permitiu chegar a ser quen é.
Integrouse ben, inscribiuse en baile galego, no grupo de teatro+60 de Afundación e no Coro Gepetto da Coral Casablanca; ten moitos e bos amigos.

Estivo o ano pasado en Suiza e disfrutou moitísimo do seu regreso.
Victoria no é medosa nin supersticiosa pero cando retornou en 2018 non foi capaz de entregar persoalmente o seu permiso de residencia suiza. Psicolóxicamente non puido, para ela era un acto moi duro e íntimo a nivel persoal. O permiso permite durante 4 anos poder regresar a Suiza en caso de que non se adaptara no retorno a España. Caducoulle o pasado mes de novembro de 2022. Se quixera voltar sabe que pode conseguir o Permiso B, que facilitan sempre que non incurras en problemas con Facenda ou coa Xustiza. Di unha frase do Sr. Nelson Mandela: "o coraxe non é a ausencia de medo senon a capacidade de vencelo"

Bailando a Tarantela nun festival de verán
Concerto no Victoria Hall, en Xenebra
De nena coa súa irmá maior
No seu discurso de xubilación
No seu traballo
No Xardín Botánico de Xenebra
O ano que se xubilou
Os primeiros anos en Suiza
Os primeiros anos en Xenebra